Escenarios / As Adegas


NOVIDADE / Coñece algúns escenarios de Adegas da Memoria participando no programa de visitas guiadas do verán 2019. Consulta máis información en Novas.


É sen dúbida o elemento que fai de Vilachá un lugar totalmente diferente. Trátase dun conxunto de adegas tradicionais único na Península Ibérica. Na súa orixe ligadas ao Mosteiro de Montederramo, hoxe en día, as adegas pertencen aos veciños.

Tras cada porta, novas historias e viños diferentes. Esta é a verdadeira maxia de Vilachá, deixar que o viño te guíe polas adegas coñecendo de primeira man aos pequenos produtores. 

Dentro do proxecto Adegas da Memoria está previsto facer un estudo de Arqueoloxía da Arquitectura para comprender a orixe e evolución destes particulares edificios.

Seguir explorando: Miradoiro da Capela, Os Conventos