Escenarios

Vilachá é unha parroquia chea de lugares especiais, persoeiros e situación inesperadas. Podes dar o paso e coñecer todos os lugares que aparecen na serie, vivir experiencias ao redor do viño e da vide e perderte nas Adegas da Memoria…

As Adegas

Sen dúbida o elemento diferenciador de Vilachá. Trátase dun conxunto de adegas tradicionais único na Península Ibérica. Na súa orixe ligadas ao Mosteiro de Montederramo, hoxe en día, as adegas pertencen aos veciños… Seguir explorando

A Capela

A escasos metros do conxunto de adegas existe un miradoiro dos máis impresionantes que miran cara o Sil. Unha vista canónica sobre a paisaxe da Ribeira Sacra, pero que esconde moitos misterios… Seguir explorando 

Os Conventos

No medio da Ribeira do Val do Frade existe un lugar que os veciños coñecen como “Os Conventos”. Nese lugar, contan, vivían os frades e cerca tiñan un cárcere cuxos presos facían os traballos máis duros… Seguir explorando