Os Pataos

A Tempada 3, Os Pataos, é unha apaixoante pesquisa para aprender sobre os “pataos” ou socalcos, e as persoas que os construíron e constrúen.

Se hai un elemento definitorio da Ribeira Sacra, eses son os pataos ou soclacos que escalonan as súas ladeiras ata o río. O imaxinario popular acepta o mito de que foron os romanos quen construíron esta paisaxe, mais… quen a constríu realmente? Cando? Por que? A estas preguntas trata de dar respostas esta parte do proxecto, cun grupo de arqueólogos e edafólogos do Incipit-CSIC.

Deixa o teu comentario.

Deixar unha resposta