T3/Ep.2 Estrato por Estrato

Presentamos Estrato por Estrato, o segundo episodio da terceira tempada: “Os Pataos”.

A Tempada 3 de Adegas da Memoria é unha apaixoante pesquisa para aprender sobre os “pataos” ou socalcos, e as persoas que os construíron e constrúen.

Se hai un elemento definitorio da Ribeira Sacra, eses son os pataos que escalonan as súas ladeiras ata o río. O imaxinario popular acepta o mito de que foron os romanos quen construíron esta paisaxe, mais… quen a constríu realmente? Cando? Por que? A estas preguntas trata de dar respostas esta parte do proxecto, cun grupo de profesionais do Incipit-CSIC.

Deixa o teu comentario.

Deixar unha resposta