Escenarios / Os Conventos

No medio da Ribeira do Val do Frade existe un lugar que os veciños coñecen como Os Conventos. Nese lugar, contan, vivían os frades e cerca tiñan un cárcere cuxos presos facían os traballos máis duros.

Nese lugar, obsérvanse uns muros que definen unha serie de estancias, unhas ruínas arqueolóxicas en plena superficie. A documentación medieval fálanos dun mosteiro perdido, San Martiño de Piñeira, malia que non nos dá a súa situación exacta.

En maio de 2019, un equipo arqueolóxico iniciou unha escavación no lugar de Os Conventos co obxectivo de localizar o mosteiro perdido.

Mira a segunda temporada de Adegas da Memoria para saber que atoparon.

Tamén poñemos a disposición o informe da escavación, elaborado polo arqueólogo director Xurxo Ayán.

Os muros misteriosos

Seguir explorando: As Adegas, Miradoiro da Capela