Escenarios / A Capela

No lugar coñecido como A Capela, a escasos metros do conxunto de adegas existe un miradoiro dos máis impresionantes que miran cara o Sil. Unha vista canónica, de postal, sobre a característica paisaxe da Ribeira Sacra… que esconde moitos misterios.

No lugar da Capela, conflúen varias das lendas e mitos que configuran o imaxinario de Vilachá. No miradoiro coñeceremos criaturas fantásticas e o lugar que os veciños sinalan como orixe da Comunidade.

Ademais, dende o miradoiro poderemos interpretar a paisaxe vitícola da Ribeira, introducirnos na accidentada historia de Torbeo, a poboación que se ve ao outro lado do río ou observar en panorámica o xacemento arqueolóxico coñecido como Os Conventos.

Vistas dende o Miradoiro da Capela

Seguir explorando: As Adegas, Os Conventos