Novas

Visitas Guiadas de Verán ’19

Achégate ata Vilachá este verán. Dende hoxe ata finais de agosto, tes a oportunidade de vir coñecer algúns escenarios de Adegas da Memoria da man do guía Xosé Gago e de adegueiros locais.

Participa nas visitas guiadas que ofrece o Concello da Pobra do Brollón para ver e sentir en primeira persoa lugares como as tradicionais adegas de Vilachá e o miradoiro da Capela.

Toda a información destas vistas e outras moi interesantes que se ofrecen na Pobra no folleto (arriba) ou na web do Concello.